Ciclose

Os cloroplastos poden verse viaxando arredor do vacúolo central dunha célula da planta Rhizomnium punctatum
Ciclose no citoplasma dunha célula epidérmica de cebola.

A ciclose, tamén chamada corrente citoplasmática ou protoplasmática (en inglés cytoplasmic streaming), é o fluxo de citoplasma dentro da célula, producido por forzas exercidas polo citoesqueleto.[1] O máis probable é que a súa función sexa, polo menos en parte, acelerar o transporte de moléculas e orgánulos pola célula. Obsérvase xeralmente en células grandes de plantas ou animais, maiores de aproximadamente 0,1 mm. En células máis pequenas, a difusión de moléculas é máis rápida, pero a faise máis lenta a medida que aumenta o tamaño da célula, de tal xeito que as células máis grandes poden necesitar ademais da difusión un fluxo citoplasmático para funcionaren eficientemente.[1]

As algas verdes do xénero Chara posúen células moi grandes, de ata 10 cm de lonxitude,[2] e a ciclose foi ben estudada nestas grandes células.[3]

A ciclose depende moito do pH intracelular e da temperatura. Observouse que o efecto da temperatura sobre a ciclose creaba unha variación liñal e tiña maior eficiencia a temperaturas altas.[4] Este proceso é complicado, porque ademais do efecto das temperaturas, outros factores como o transporte de ións a través da membrana son afectados simultaneamente. Isto débese á homeostase das células, que dependende do transporte activo, o cal pode verse afectado a algunhas temperaturas críticas.

En células vexetais os cloroplastos transpórtanse polos movementos de ciclose para optimizaren a súa exposición á luz e faceren a fotosíntese.[5] A velocidade deste movemento está influenciada por varios factores incluíndo a intensidade da luz, temperatura e niveis de pH.[6] A ciclose é máis eficiente a pH neutro e tende a diminuír en eficiencia en condicións de baixo ou de alto pH.[6]

Existen varios métodos para parar o fluxo citoplásmico dentro das células. Unha estratexia é a introdución de solucion iodurada de lugol, que inmobiliza as correntes citoplasmáticas.[Cómpre referencia] Alternativamente, o composto citocalasina D disolto en dimetil sulfóxido, pode empegarse para conseguir un efecto similar distorsionando os microfilamentos de actina responsables de facilitaren o movemento citoplasmático.[7]

  1. 1,0 1,1 Goldstein RE, van de Meent JW (agosto de 2015). "A physical perspective on cytoplasmic streaming". Interface Focus 5 (4): 20150030. PMC 4590424. PMID 26464789. doi:10.1098/rsfs.2015.0030. 
  2. Beilby MJ, Casanova MT (2013-11-19). The Physiology of Characean Cells. Springer Science & Business Media. ISBN 978-3-642-40288-3. 
  3. Woodhouse FG, Goldstein RE (agosto de 2013). "Cytoplasmic streaming in plant cells emerges naturally by microfilament self-organization". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 110 (35): 14132–7. Bibcode:2013PNAS..11014132W. PMC 3761564. PMID 23940314. arXiv:1308.6422. doi:10.1073/pnas.1302736110. 
  4. Shimmen T, Yokota E (febreiro de 2004). "Cytoplasmic streaming in plants". Current Opinion in Cell Biology 16 (1): 68–72. PMID 15037307. doi:10.1016/j.ceb.2003.11.009. 
  5. Bulychev AA, Dodonova SO (setembro de 2011). "Effects of cyclosis on chloroplast-cytoplasm interactions revealed with localized lighting in Characean cells at rest and after electrical excitation". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Bioenergetics 1807 (9): 1221–1230. PMID 21708122. doi:10.1016/j.bbabio.2011.06.009. 
  6. 6,0 6,1 Goldstein RE, van de Meent JW (agosto de 2015). "A physical perspective on cytoplasmic streaming". Interface Focus 5 (4): 20150030. PMC 4590424. PMID 26464789. doi:10.1098/rsfs.2015.0030. 
  7. Foissner I, Wasteneys GO (marzo de 1997). "A cytochalasin-sensitive actin filament meshwork is a prerequisite for local wound wall deposition in Nitella internodal cells". Protoplasma (en inglés) 200 (1–2): 17–30. ISSN 0033-183X. doi:10.1007/BF01280731. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search