Clairvoyance

Clairvoyance
Álbum de Screaming Trees
Publicado1 de xaneiro de 1986
Xénero(s)grunge, neopsicodelia
Selo(s)Velvetone
Producido porSteve Fisk
Cronoloxía
Other Worlds Clairvoyance Even If and Especially When

Clairvoyance é un álbum da banda estadounidense de grunge Screaming Trees, editado o 1 de xaneiro de 1986 polo selo Velvetone Records. O disco foi producido por Steve Fisk e axudou ao grupo a conseguir un contrato con SST Records. Aínda que é unha combinación de psicodelia e garage rock, ten moitas semellanzas co primeiro son grunge.

O guitarrista de Soundgarden Kim Thayil listou a Clairvoyance como un dos seus álbums de grunge favoritos, dicindo: "Gústame Clairvoyance pola canción “Clairvoyance”, pero o meu tema favorito nel é probablemente “I See Stars” seguida por “Orange Airplane.” Despois deste álbum engordaron un pouco o seu son".[1]

  1. Grow, Kory; Grow, Kory (2019-04-02). "Soundgarden's Kim Thayil: My Favorite Grunge Albums". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search