Deinococcus

Deinococcus

Unha tétrada de células de D. radiodurans
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Deinococcus-Thermus
Clase: Deinococci
Orde: Deinococcales
Familia: Deinococcaceae
Xénero: Deinococcus
Brooks and Murray 1981 emend. Rainey et al. 1997

Deinococcus (do grego, deinos, "terrible, estraño" e κόκκος, kókkos, "gránulo"[1]) é un xénero[2] de bacterias do grupo Deinococcales[3][4] pertencente ao filo Deinococcus-Thermus, moi resistentes a condicións ambientais extremas. Estas bacterias teñen paredes celulares grosas con tinguidura grampositiva, pero presentan unha segunda membrana adicional, polo que estruturalmente son máis próximas ás bacterias gramnegativas. Os Deinococcus sobreviven aínda que o seu ADN sexa exposto a altas doses de radiación gamma e UV. Outras bacterias sufrirían cambios na súa estrutura para intentaren soportar a radiación, como a formación de endósporas, pero Deinococcus toléraa sen cambiar a súa forma celular e non se protexe formando unha estrutura dura. Tamén se caracterizan pola presenza do pigmento carotenoide deinoxantina, que lles dá a súa cor rosa.

  1. Entrada de Deinococcus en LPSN, Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590–2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655.
  2. BROOKS, B. W.; MURRAY, R. G. E. (Xullo 1981). INTERNATIONAL JOURNAL OF SYSTEMATIC BACTERIOLOGY, ed. "Nomenclature for “Micrococcus radiodurans” and Other Radiation-Resistant Cocci: Deinococcaceae fam. nov. and Deinococcus gen. nov., Including Five Species" (PDF). pp. 353–360. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  3. Ekman JV, Raulio M, Busse HJ, Fewer DP, Salkinoja-Salonen M (2010) Deinobacterium chartae gen. nov., sp. nov., an extremely radiation resistant biofilm-forming bacterium isolated from a Finnish paper mill. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology.
  4. Albuquerque L, Sims C, Nobre MF, Pino NM, Battista JR, et al. (2005) Truepera radiovictrix gen. nov., sp. nov., a new radiation-resistant species and the proposal of Trueperaceae fam. nov. FEMS microbiology letters 247: 161-169.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search