Un exvoto é unha ofrenda de certa calidade artística, que os xentís facían os seus deuses. Estas ofrendas depositábanse en santuarios ou lugares de culto, as cales podían tomar a forma de persoas, animais, armas, alimentos etc.
Posteriormente este símbolo dos desexos ou preocupacións dos homes, foi adoptado polo cristianismo, en forma de ofrenda deixada por fieis en busca ou agradecemento dunha curación ou remedio ás súas doenzas e preocupacións.
Son frecuentes nas inmediacións ou altares de calquera centro de peregrinación, como figuras de cera antropomórficas (de corpo enteiro ou de partes do corpo), como unha evocación da doenza para a que romeiro implora curación; ou tamén figuras de animais, barcos e mesmo casas.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search