GeneCards

GeneCards mostrando o xene C4orf21 na súa localización xenómica: as bandas segundo Ensembl, as localizacións segundo GenLoc. A banda vermella indica a localización de c4orf21 (engadiuse unha frecha vermella para máis claridade).

GeneCards é unha base de datos de xenes humanos que proporciona información xenómica, proteómica, transcritómica, xenética e funcional sobre todos os xenes humanos coñecidos e preditos.[1][2][3][4] Está sendo desenvolvida e mantida polo Crown Human Genome Center no Instituto de Ciencia Weizmann. Esta base de datos ten o obxectivo de proporcionar un rápido resumo da información biomédica actualmente dispoñible sobre o xene procurado, incluíndo os xenes humanos, as proteínas codificadas e doenzas relevantes.[1][5][6] A base de datos GeneCards proporciona acceso a recursos na web libres sobre todos os máis de 7000 xenes humanos coñecidos procedentes de máis de 90 fontes de datos, como HGNC, Ensembl e NCBI. A lista central de xenes está baseada nos símbolos de xenes aprobados publicados polo HUGO Gene Nomenclature Committee (HGNC).[7][8] A information recompílase coidadosamente e selecciónase desas bases de datos polo seu motor potente e doado de usar. Se a busca non proporciona ningún resultado, esta base de datos fai varias suxestións que axudan aos usuarios a realizar a súa busca dependendo do tipo de demanda que se faga, e ofrece ligazons directas a outros motores de busca de bases de datos.[1] Co tempo, a base de datos GeneCards desenvolveu un conxunto de ferramentas (GeneDecks, GeneLoc, GeneALaCart) que ten capacidades máis especializadas. Desde 1998, GeneCards foi amplamente utilizada pola comunidade bioinformática, xenómica e médica desde hai máis de 15 anos.[7][8]

  1. 1,0 1,1 1,2 Rebhan M, Chalifa-Caspi V, Prilusky J, Lancet D (April 1997). "GeneCards: integrating information about genes, proteins and diseases". Trends Genet. 13 (4): 163. PMID 9097728. doi:10.1016/S0168-9525(97)01103-7. 
  2. Rebhan M, Chalifa-Caspi V, Prilusky J, Lancet D (1998). "GeneCards: a novel functional genomics compendium with automated data mining and query reformulation support". Bioinformatics 14 (8): 656–64. PMID 9789091. doi:10.1093/bioinformatics/14.8.656. 
  3. Safran M, Solomon I, Shmueli O, Lapidot M, Shen-Orr S, Adato A, Ben-Dor U, Esterman N, Rosen N, Peter I, Olender T, Chalifa-Caspi V, Lancet D (November 2002). "GeneCards 2002: towards a complete, object-oriented, human gene compendium". Bioinformatics 18 (11): 1542–3. PMID 12424129. doi:10.1093/bioinformatics/18.11.1542. 
  4. Harel A, Inger A, Stelzer G, Strichman-Almashanu L, Dalah I, Safran M, Lancet D (October 2009). "GIFtS: annotation landscape analysis with GeneCards". BMC Bioinformatics 10 (1): 348. PMC 2774327. PMID 19852797. doi:10.1186/1471-2105-10-348. 
  5. "GeneCards". GeneCards. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 18 Oct 2013. 
  6. "GeneCards". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 19 Oct 2013. 
  7. 7,0 7,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid22155609
  8. 8,0 8,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid20689021

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search