Guevarismo

O Che Guevara.

O guevarismo é un conxunto de conceptos e criterios políticos, de orixe marxista, desenvolvidos a partir das accións e as ideas do revolucionario cubano, de orixe arxentina, Che Guevara que se caracterizan por un enfoque radicalizado do cambio social e a preferencia pola loita armada. O guevarismo foi emparentado aínda que sen identificarse con correntes políticas moi diversas, principalmente co comunismo, o leninismo e o maoísmo.[1]

  1. Ernesto Che Guevara (1964): «Discurso na entrega de certificados de traballo comunista no Ministerio de Industrias», do 15 de agosto de 1964; publicado na páxina web Filosofía (A Habana).

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search