Hemiacetal

Fórmula esquelética dun hemiacetal.
Hemicetal (R non é H).

Os Hemiacetais e os hemicetais son dous tipos de compostos diferentes, que derivan, respectivamente, de aldehidos e cetonas, e que se orixinan pola adición nucleófila dun alcohol ao grupo carbonilo (C=O) do aldehido ou da cetona [1]. Teñen un grupo -OH e un residuo alcóxido (-OR) unidos a un mesmo carbono.

  • aldehido + alcohol = hemiacetal
  • cetona + alcohol = hemicetal

Non deben confundirse cos acetais e cetais, os cales se orixinan cando o grupo alcohólico do hemiacetal ou do hemicetal, respectivamente, é substituído por un segundo grupo alcoxi.

  1. Morcillo, Jesús (1989). Alhambra Universidad, ed. Temas básicos de química (2ª ed.). p. 569. ISBN 9788420507828. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search