Hoste

Unha hoste era, na Idade Media, a reunión de homes armados formando un exército tras o chamamento de prelados ou rico-homes, co obxectivo de realizar expedicións ou acudir á guerra. Formábano as mesnadas dos vasalos, cabaleiros, ordes militares e príncipes estranxeiros.

Xunto a elas combatían en ocasións outros homes armados con relacións de vasalaxe puramente bélicas, co obxectivo de conseguir beneficios sociais ou económicos das súas vitorias.

Nun principio toda a poboación estaba obrigada a formar parte das hostes,[Cómpre referencia] sendo máis selectivos co paso do tempo, segundo se melloraban as técnicas de combate.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search