Motilidade

Moitas bacterias presentan motilidade por medio dun movemento flaxelar e poden ter máis dun flaxelo. Os diferentes tipos de disposición dos flaxelos bacterianos: A-Monotrico; B-Lofotrico; C-Anfitrico; D-Peritrico.

A motilidade[1][2] é a capacidade dun organismo de moverse independentemente ou mover algunha das súas partes usando enerxía metabólica. Pode referirse á motilidade dun organismo enteiro, dunha célula (motilidade dos espermatozoides, dunha bacteria etc.) ou de partes dunha célula (motilidade das microvilosidades intestinais).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para motilidade.
  2. Definición de motilidade no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search