En matemáticas, un multiconxunto ou mset (en inglés: multiset) é unha modificación do concepto de conxunto que, a diferenza deste, permite múltiples instancias para cada un dos seus elementos. O número de aparicións de cada elemento denomínase a súa multiplicidade nese multiconxunto. En consecuencia, existe un número infinito de multiconxuntos que conteñen só os elementos a e b, pero con diferentes multiplicidades. Por exemplo:
Malia ser tres multiconxuntos diferentes, de ser considerados como conxuntos serían exactamente o mesmo, posto que teñen os mesmos elementos, a e b. Porén, do mesmo xeito ca nos conxuntos, e en contraste coas tuplas, a orde dos elementos non é relevante. Xa que logo, {a, a, b} e {a, b, a} son dous xeitos diferentes de designar o mesmo multiconxunto. Para distinguir entre conxuntos e multiconxuntos, ás veces emprégase unha notación diferentes, con corchetes; é dicir, [a, a, b] no canto de {a, a, b}.[1]
A cardinalidade ou "tamaño" dun multiconxunto é a suma das multiplicidades de todos os seus elementos. Por exemplo, a cardinalidade de {a, a, b, b, b, c} é igual a 6, xa que os seus elementos a, b e c teñen multiplicidades de 2, 3 e 1, respectivamente.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search