Nacionalcatolicismo | |||
---|---|---|---|
![]() Unha imaxe de Cristo Rei, coa expresión en lingua castelá: "Reinaré en España". | |||
Tipo | ideoloxía política ![]() | ||
Localización | |||
País | España franquista, Croacia e outros. | ||
[ Wikidata ] |
O nacionalcatolicismo ou nacional-catolicismo é un termo referido tanto ao réxime político do Estado español no franquismo como á identidade ideolóxica oficial do Estado entre a guerra civil e a morte do ditador en 1975.[1] A súa manifestación máis visible foi a hexemonía que tiña a Igrexa Católica en todos os aspectos da vida pública e privada.[1] Como símbolo das divisións ideolóxicas dentro do franquismo, pódese contrapoñer ao nacional-sindicalismo, compoñente esencial da ideoloxía e da práctica política dos falanxistas. Noutros países de Europa houbo réximes similares.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search