Ostinato

O ostinato (termo que provén do italiano e quere dicir "obstinado") é unha técnica de composición consistente nunha sucesión de compases compostos cunha secuencia de notas das que unha ou varias se repiten exactamente en cada compás. De aí o nome en italiano, que significa "obstinación, empeño en repetir o mesmo".[1]

É un efecto moi relacionado co pedal, difenrenciándose en que o pedal é unha soa nota a que se repite ou mantén, mentres que no ostinato é unha frase a repetida. Ó igual que o pedal, o ostinato atópase normalmente no baixo, aínda que pode facelo en calquera outra voz.[1]

  1. 1,0 1,1 Schnapper, Laure: «Ostinato». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 [1980].

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search