Os/as pseudoencimas ou pseudoenzimas son variantes de encimas que son cataliticamente deficientes (xeralmente inactivos), o que significa que realizan pouca ou ningunha catálise encimática. Crese que existen en todas as grandes familias de encimas en todos os reinos da vida. Os pseudoencimas están sendo cada vez máis importantes á hora de analizar a actividade celular, especialmente a medida que a análise bioinformática dos xenomas revela a súa omnipresenza. As súas importantes funcións reguladoras e ás veces as asociadas con doenzas nas vías de sinalización celular e metabólicas están proporcionando unha nova visión sobre as funcións non catalíticas dos encimas activos (o pluriemprego de proteínas ou protein moonlighting), e suxeríronse novas vías para abordar e interpretar os mecanismos de sinalización celular usando pequenas moléculas e fármacos.[1] Os pseudoencimas que foron máis analizados e os mellor coñecidos en canto ás súas funcións de sinalización celular son probablemente as pseudoquinases, as pseudoproteases e as pseudofosfatases.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search