SITEL é un sistema de escoitas telefónicas do Ministerio do Interior de España utilizado pola Policía Nacional, a Garda Civil e o Centro Nacional de Intelixencia. Tamén é coñecido como Sistema Integrado de Interceptación de Telecomunicacións,[1] Sistema Integrado de Interceptación Legal de Telecomunicaciónes[2] e Sistema Integral de Interceptación das Comunicacións Electrónicas.[3]
O sistema fíxose público por primeira vez en 2001, cando o Ministerio do Interior anunciou unha dotación de 300.000.000 pesetas (1.803.030 euros) para SITEL.[1]
En 2007, o Goberno concedeulle un contrato a Fujitsu España Services por 854.400€ para xestionar o centro de SITEL do Corpo Nacional de Policía, localizado no Complexo Policial de Canillas.[4]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search