A SlutWalk é unha mobilización rueira iniciada no Canadá en abril de 2011 convertida nun movemento de protesta internacional contra as violacións e agresións sexuais ás mulleres. A primeira marcha celebrouse en Toronto o 3 de abril de 2011[1] e dende entón foi replicada noutros países como os Estados Unidos, o Reino Unido, Australia, a India, México, a Arxentina, Colombia, Costa Rica, o Perú, Ecuador, Honduras e o Uruguai.[2]
Previo ó desencadeamento do movemento, de acordo con, Herriot, as novas locais de outubro a novembro de 2010 revelan non só múltiples asaltos sexuais de alto perfil nos espazos públicos de Toronto, non só matizan ás vítimas, senón que as culpan destes crimes.[3]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search