Unha sonda interestelar é unha sonda espacial que pola súa traxectoria se dirixe fóra do Sistema Solar[1]. O primeiro estudo de deseño para crear unha sonda interestelar propiamente dita foi o Proxecto Dedalus que realizaron entre 1973 e 1978 científicos británicos da British Interplanetary Society dirixidos por Alan Bond[2]. As sondas interestelares actuais creáronse co propósito de explorar o noso propio Sistema Solar, mais despois de completar a súa misión pola súa traxectoria diríxense fóra del, a primeira foi a Pioneer 10 e calcúlase en 80.000 anos o que tardaría, se perdurase, en chegar á estrela máis próxima[3]. As distancias que ten que percorrer non se miden en quilómetros, senón en unidades astronómicas (UAs). A equivalencia aproximada é: 1 UA son 150 millóns de quilómetros.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search