Tetraktys

Exemplo de tetraktys.

Unha tetraktys (do grego antigo τετρακτύς)[1] é unha representación pitagórica en forma de triángulo, chamada "triángulo perfecto". Para os pitagóricos, os números mantiñan unha relación directa coa materia, considerando, por exemplo, o número "un" como un punto, "dous" como unha liña recta, "tres" como superficie e "catro" como un sólido. A secuencia de puntos das catro filas forma a representación xeométrica do cuarto número triangular. Asumindo que 1 + 2 + 3 + 4 = 10, o número "dez" foi visto como unha especie de conxunto de catro elementos, o "fundamento" das cousas no mundo.[2] Había catro estacións, e o número tamén estivo asociado con movementos planetarios e música. O número "dez", segundo os pitagóricos, correspondería a unha tetraktys. Como símbolo místico, foi moi importante para o culto secreto do pitagorismo.

  1. O termo non aparece no DRAG, en portugués recóllense termos como tetráctis, tétrade ou tetráctis da décade.
  2. "AdoroFísica.com.br". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search