Ucrainofobia

O sentimento anti-ucraíno ou ucrainofobia é o odio aos ucraínos, á cultura ucraína, á lingua ucraína ou á Ucraína como unha nación.[1] Está moi presente en Polonia e na antiga Unión Soviética, sobre todo en Rusia e nalgunhas partes do leste de Ucraína, na fronteira con Rusia, moi habitada por rusos.[2] O seu contrario é ucrainofilia.

Os estudos modernos establecen dous tipos de sentimento anti-ucraíno: un baseado na discriminación dos ucraínos en base á súa orixe étnica e cultural (similar a outras manifestacións de xenofobia e racismo), e outra baseada no rexeitamento conceptual dos ucraínos, a cultura ucraína e a linguaxe ucraína como artificial e contranatural. No século XX, varios autores apoiaron unha afirmación de que a identidade e a lingua ucraína fora creada artificialmente ao fin de debilitar a Rusia.[3] Este argumento foi promulgado por varios autores conservadores rusos. Non obstante, é un argumento totalmente falso, dado que a lingua ucraína, ao igual que a lingua bielorrusa, proceden da lingua rutena.

  1. Andrei Okara (Андрій Окара) (novembro-decembro 1998). "“Українські тумани” та “русское солнце”" ["Néboa ucraína" e "Sol ruso". Ucrainofobia coma un problema gnóstico]. Український Вибір ("Opción ucraína") (en ucraíno) (5-6) (Moscova). 
  2. James S. Olson (director) (1994). An Ethnohistorical Dictionary of the Russian and Soviet Empires (en inglés). Greenwood Publishing Group. p. 840. Those who advocate a Ukrainian identity often accuse Rusynism of being a mask for Czechoslovak and Hungarian expansionism or an anti-Ukrainian movement being manipulated by former Communists and Russophiles (p. 140) 
  3. Shkandrij, Myroslav (2001-10-09). Russia and Ukraine: Literature and the Discourse of Empire from Napoleonic to Postcolonial Times (en inglés). McGill-Queen's Press - MQUP. ISBN 9780773522343. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search