Aespa (en hangul, 에스파; romanización revisada do coreano, Eseupa; McCune-Reischauer, Esŭp'a; estilizado como aespa ou æspa) é un grupo feminino surcoreano formado por SM Entertainment. O grupo consta de catro integrantes: Karina, Giselle, Winter e Ningning. Debutaron o 17 de novembro de 2020, co sinxelo Black Mamba.
Aespa é notable por introducir o concepto de metaverso e explorar o xénero musical hyperpop no K-pop. Grazas a isto, converteuse nun dos grupos femininos con máis éxito de Corea do Sur, con recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional. O seu regreso co sinxelo Next Level en maio de 2021 foi un éxito comercial, chegando á segunda posición en listas como Circle e K-pop Hot 100 en Corea. Aespa gañou varios premios importantes, incluíndo "Canción do ano" nos Korean Music Awards e Melon Music Awards. En outubro de 2021, lanzaron o seu primeiro miniálbum, Savage, e o seu sinxelo principal do mesmo nome. O EP converteuse no álbum debut dun grupo feminino de K-pop coa posición máis alta na listas Billboard 200 de Estados Unidos no número 20, mentres alcanzou o número dous en Corea do Sur e marcou a súa primeira entrada no top 40 na Billboard Global 200.
En xullo de 2022, Aespa lanzou o seu segundo EP Girls, que rompeu o récord do álbum máis vendido da historia por un grupo de K-pop feminino e converteuse no primeiro en vender un millón de copias na primeira semana de lanzamento. Tamén debutou co número tres nas listas do Billboard 200, tendo o seu primeiro álbum no top 10 en Estados Unidos. O seu terceiro EP, My World foi lanzado en maio de 2023, alcanzando máis de dous millón de vendas e converténdose no seu segundo álbum top 10 no Billboard 200. En maio de 2024, o grupo lanza o seu primeiro álbum de estudio, titulado Armageddon. Isto foi precedido polo éxito comercial do seu sinxelo " Supernova", que se converteu na primeira canción do grupo na lista Circle Digital Chart, encabezando a lista durante once semanas, ademais do seu primeiro éxito no top 10 nas listas Billboard Global (excluíndo Estados Unidos). En outubro do 2024, a canción principal co mesmo nome do quinto EP de Aespa Whiplash converteuse no seu primeiro éxito no top 10 do Billboard Global 200 na posición número oito.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search