"Stranger in Moscow" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson do seu novono álbum HIStory: Past, Present and Future, Book I. Foi lanzada internacionalmente en novembro de 1996 por Epic Records, pero non o fixo nos Estados Unidos ata agosto de 1997. Foi escrita por Jackson en setembro de 1993 durante as acusacións de abusos a menores que se fixeron na súa contra, no medio da xira Dangerous World Tour en Moscova. Orixinalmente foi escrita como un poema por Jackson, que logo adaptou nunha canción. O vídeo musical da canción representa a vida de seis persoas, incluído o propio Jackson, que viven desconectadas ou illadas do mundo que os rodea. A canción foi interpretada durante HIStory World Tour entre 1996-97.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search