.cl

.cl
Ano de creación1987
TipoccTLD
Estadoactivo
RexistradorNIC Chile
PatrocinadorNIC Chile (Universidade de Chile)
FinalidadePersoas naturais ou xurídicas aveciñadas ou domiciliadas en calquera parte do mundo
Uso actualmoi popular en Chile
Restricións de usoCalquera persoa natural ou xurídica, nacional ou estranxeira pode rexistrar un nome de dominio .CL[1]
PaísChile Chile
WebNIC Chile
editar datos en Wikidata ]

.cl é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Chile creado en 1987[2]. É administrado por NIC Chile, organismo dependente da Universidade de Chile. O regulamento para o funcionamento do Rexistro de nomes de dominio .CL, vixente desde decembro de 2013, eliminou o requisito previo de identificación persoal ao momento de inscribir un nome. Excepcionalmente, NIC Chile resérvase a facultade de pedir información que comprobe a identidade do titular, cando sexa necesario.

A sintaxe dos dominios que poden ser inscritos en NIC Chile (como wikipedia.cl), encóntranse descrita nas Regras de Sintaxes vixentes.

O rexistro de dominio, tanto para persoas físicas como para empresas, foi gratuíto ata 1997. Actualmente, ten un valor de CL$ 9 950 con 19 % IVE incluído polo primeiro ano de cobertura da inscrición.

Ademais de nacións como Alemaña, Austria, Brasil e Polonia, Chile permite o registro de Nome de dominio internacionalizado (IDN), é dicir, con caracteres non-ASCII.

Chile é o primeiro país de lingua castelá en permitir o rexistro de dominios con vogais acentuadas (á é í ó ú), a letra U con diérese (ü) e a letra Ñ desde o 21 de setembro de 2005[3], como por exemplo www.ñandú.cl.

Baixo este dominio, a diferenza do resto de América Latina, non existe a obriga de someterse baixo un dominio de segundo nivel (SLD); calquera rexistrante pode obter un dominio de segundo nivel.

Desde abril do 2011 soporta DNSSEC, a zona está asinada e, polo tanto, calquera dominio que queira asinar os seus rexistros pode facelo[4].

O día 23 de marzo de 2016 acadouse a cifra de 500 mil dominios rexistrados e activos[5].

  1. NIC Chile (decembro de 2013). "Reglamentación para el funcionamiento del Registro de Nombres del Dominio .CL" (HTML). nic.cl. Consultado o 14-7-2017. 
  2. NIC Chile (19-11-2001). www.nic.cl, ed. "Carta enviada por el Sr. Rector de la Universidad de Chile al Sr. Contralor General de la República" (HTML). Consultado o 12-5-2011. 
  3. NIC Chile (20-9-2005). www.nic.cl, ed. "NIC Chile anuncia modificación a la Reglamentación" (HTML). Consultado o 7-10-2015. 
  4. NIC.cl (14-12-2011). "Extensiones de seguridad DNSSEC disponibles para todos los dominios .CL". Consultado o 7-10-2015. 
  5. "Contador de dominios .CL - NIC Chile". www.nic.cl. Arquivado dende o orixinal o 31-03-2016. Consultado o 24-3-2016. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search