Aconcagua

Coordenadas: 32°39′11″S 70°00′42″O / -32.653055555556, -70.011666666667

Aconcagua desde a entrada do parque.

O Aconcagua é o pico máis alto do cordal dos Andes e, xa que logo, de América do Sur, de toda América e o pico máis alto fóra de Asia, cunha altitude de 6.960,8 metros.[1] Está situado na provincia arxentina de Mendoza. Ó norte e ó leste limita co Val das Vacas e ó sur e ó oeste co Val dos Horcones inferior. Conta con diversos glaciares. Os máis importantes son o glaciar nororiental ou polaco e o do leste ou inglés. Atópase dentro do Parque provincial Aconcagua, e é unha montaña moi frecuentada por andinistas de todo o mundo. O primeiro ascenso foi realizado por Mathias Zurbriggen o 14 de xaneiro de 1897. Estudos xeolóxicos sitúan a elevación do Aconcagua na idade Permotriásica, uns 200 a 280 millóns de anos atrás. A montaña foi creada pola subdución da placa de Nazca baixo a placa Suramericana durante a xeoloxicamente recente oroxenia andina. A orixe do seu nome non está clara, discútese se ven do Arauca Aconca-Hue ou do Quechua Ackon Cahuak (cuxo significado é Sentinela de Pedra)

  1. ""Informe científico que estudia el Aconcagua: el Coloso de América mide 6.960,8 metros"". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2012. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search