Andes Antis (quechua) | |
---|---|
Monte Aconcagua | |
Localización | |
Continente/s | América do Sur |
País/es | Chile Arxentina Bolivia Perú Ecuador Colombia Venezuela |
Datos | |
Cordilleira | Cordilleira Americana |
Subsistema | Andes Setentrionais, Centrais e Meridionais |
Principais cumes | Aconcagua, nevado Ojos del Salado, monte Pissis, cerro Mercedario, nevado Huascarán, cerro Bonete, nevado Tres Cruces, volcán Llullaillaco, volcán Walther Penck, volcán Incahuasi, volcán Chimborazo, volcán Galeras, volcán Tungurahua, volcán Cotopaxi, El Plomo, Bolívar, Humboldt etc. |
Cota | 6960 msnm |
Superficie | 3 370 794 km² |
Lonxitude | 7240 km[1] |
Ancho | 500 km |
Orientación | Norte/Sur |
Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, o Perú, Bolivia, Chile e a Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media sitúase ao redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.
Na súa parte meridional únese e é fronteira natural entre Chile e a Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó mar Caribe divídese en tres cordóns.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search