Armada Invencible

Armada Invencible
Parte de Guerra anglo-española de 1585-1604

A batalla entre a Armada española e a frota inglesa.
Data 8 de agosto de 1588
Lugar Canle da Mancha, preto de Gravelinas, Francia (anteriormente posesión das Provincias Unidas).
Coordenadas 50°10′00.0″N 4°15′42.0″O / 50.166667, -4.261667Coordenadas: 50°10′00.0″N 4°15′42.0″O / 50.166667, -4.261667
Resultado Derrota da armada española debida ao forte temporal.
Inglaterra non é invadida.
Belixerantes
Inglaterra Inglaterra
Provincias Unidas
Imperio español
Portugal
Líderes
Almirante Sir John Hawkins

Vicealmirante Sir Francis Drake
Charles Howard
Walter Raleigh

Martin Frobisher
Lord Henry Seymour
William Winter

Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga (VII duque de Medina-Sidonia)
Alexandre Farnesio (duque de Parma)
Juan Martínez de Recalde
Miguel de Oquendo
Martín de Bertendona
Forzas en combate
34 navíos de guerra
163 navíos mercantes
30 navíos das Provincias Unidas (non entraron en combate)
2.000 canóns
20.000 homes
20 Galeóns
4 galeras
4 galeazas
25 urcas
35 naos
10 carabelas
11 zabras e pinazas
20 pataches
2431 canóns
30.000 homes
Baixas
6.000–8.000 mortos en combate
400 feridos
60 barcos perdidos
15.000–20.000 mortos
800 feridos
397 prisioneiros

La Grande y Felicísima Armada foi o nome que lle deu Filipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante a Guerra anglo-española de 1585-1604 e máis coñecida comunmente polo nome que lle deron despectivamente os ingleses como Armada Invencible[1][2]. O envío por parte de Filipe II desta frota, coa intención de invadir e controlar a política exterior inglesa (principalmente no referente á piratería e a guerra de Flandres), supuxo o comezo das hostilidades dunha guerra na que finalmente España conseguiu que Inglaterra solicitase a paz e asinase un tratado favorable aos intereses da monarquía hispánica en Londres (1604).

No entanto, esta campaña naval considérase unha derrota española, tanto pola perda de navíos debida ás inclemencias meteorolóxicas, como pola épica loita entre os dous titáns que impediu o desembarco de 30.000 homes nas costas inglesas. Aínda así, despois do forte temporal fronte a Escocia e Irlanda, máis da metade dos navíos lograron chegar de volta ás costas españolas. Con todo isto, a supremacía española nos mares permanecería indiscutida ata a Batalla das Dunas (1639).[3] Ademais a súa posición como primeira frota do mundo afianzouse aínda máis cando os ingleses crearon a súa Armada Inglesa un ano despois desta operación, e fracasaron igualmente fronte ás costas de Galicia e Lisboa.

Debía mandala o almirante de Castela Don Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz, pero morreu pouco antes da partida da frota, sendo substituído a fume de carozo por Alonso Pérez de Guzmán (VII duque de Medina-Sidonia), Grande de España. Estaba composta por uns 127 barcos sendo 122 os que entraron no Canal da Mancha.[4]

  1. Andante, Valeria (2015). "La Armada Invencible". Vive la historia (en castelán): 66–73. 
  2. Miguel Zorita Bayón,Juan Ignacio Cuesta (2010). Ediciones Nowtilus S.L, ed. Breve Historia del Siglo de Oro (en castelán). p. 111. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2011. Consultado o 06 de abril de 2012. 
  3. Quesada Fernando, Os mitos de Rocroi, nº 97 de A aventura da Historia, Arlanza Edicións, Madrid, novembro de 2006
  4. José N. Alcalá-Zamora (2004). Real Academia de la Historia, ed. La empresa de Inglaterra:(la "Armada invencible" : fabulación y realidad) (en castelán). p. 57. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search