Armenia

Modelo:Xeografía políticaArmenia
Հայաստան (hy)
Հայաստանի Հանրապետություն (hy) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoMer Hayrenik Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°23′00″N 44°57′00″L / 40.38333, 44.95Coordenadas: 40°23′00″N 44°57′00″L / 40.38333, 44.95
CapitalIereván Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.930.450 (2017) Editar o valor em Wikidata (98,52 hab./km²)
Lingua oficiallingua armenia Editar o valor em Wikidata
Relixióncristianismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie29.743,423459 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Aragats (4.090 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoDebed (pt) Traducir (400 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación23 de setembro de 1991 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
Estado unitario
Parlamentarismo Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataVahagn Khachaturyan (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Armenia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataNikol Pashinyan (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional da Armênia (pt) Traducir , (Escano: 107) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of Armenia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal13.861.409.969 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDram armenio Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.am e .հայ (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+374 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 101, 102 e 103 Editar o valor em Wikidata
Código de paísAM Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.am… Editar o valor em Wikidata
Twitter: armenia BNE: XX456235 Editar o valor em Wikidata

Armenia[1] (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental,[2][3] está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Acerbaixán ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur.[4] A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.

Armenia é unha nación-estado unitaria,[5][6] pluripartidista e democrática cunha rica e antiga herdanza cultural. Urartu foi estabelecido o -860 e no século -VI foi substituído pola Satrapía de Armenia. O Reino de Armenia alcanzou ó seu máximo apoxeo baixo Tigranes II o Grande no século -I e converteuse no primeiro estado do mundo en adoptar o cristianismo como relixión oficial a finais do século III e comezos do IV.[7][8][9] A data oficial da adopción é o ano 301.[10] O antigo reino de Armenia foi dividido entre os bizantinos e o Imperio Sasánida arredor do século V. Baixo a dinastía Bagratuni, a Armenia bagrátida foi restaurada no século IX. Por mor das loitas contra os bizantinos, o reino caeu no ano 1045 e Armenia foi invandida polo Imperio Selxúcida. Un principado armenio e posteriormente o reino armenio de Cilicia asentáronse na costa do mar Mediterráneo entre os séculos XI e XIV.

Entre os século XVI e XIX, as patrias armenias tradicionais composta por Armenia Oriental e Armenia Occidental caeron baixo o goberno dos imperios Otomán e Iraniano. No século XIX, Armenia Oriental foi conquistada polo Imperio Ruso, mentres que a maioría das terras tradicionais armenias occidentais permaneceron baixo control otomán. Durante a primeira guerra mundial, os armenios que vivían no Imperio Otomán foron sistematicamente exterminados durante o xenocidio armenio. En 1918, despois da Revolución Rusa, tódolos países non rusos declararon a súa independencia despois de que o Imperio Ruso deixase de existir, o que levou ao estabelecemento da Primeira República de Armenia. En 1920, o estado foi incorporado á República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e en 1922 converteuse en membro fundador da Unión Soviética.[11] En 1936, o estado Transcaucásico foi disolto, transformando os seus estado constituíntes, incluíndo a República Socialista Soviética de Armenia, en repúblicas da Unión. A moderna República de Armenia converteuse en estado independente en 1991 durante a disolución da Unión Soviética.

A moderna República de Armenia recoñece á Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa nacional máis antiga do mundo, como a principal relixión do país.[12][13] Os armenios posúen ademais o seu propio alfabeto, inventado por Mesrop Mashtots no ano 405 d.C.

É ademais membro da Unión Económica Euroasiática, as Nacións Unidas, o Consello de Europa e a Organización do Tratado da Seguridad Colectiva. Armenia apoia a independente de facto República de Artsakh, que foi proclamada en 1991.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armenio.
  2. Central Intelligence Agency (2014). The CIA World Factbook 2015. Skyhorse Publishing. p. 5241. ISBN 978-1-62914-903-5. 
  3. The UN classification of world regions places Armenia in Western Asia; the CIA World Factbook The World Factbook (ed.). "Armenia". CIA. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2010. Consultado o 2 de setembro de 2010.  "Armenia". National Geographic. , "Armenia". Encyclopædia Britannica. , Calendario Atlante De Agostini (en italiana) (111 ed.). Novara: Istituto Geografico De Agostini. 2015. ISBN 9788851124908.  e Oxford Reference Online "Oxford Reference". Oxford Reference Online. doi:10.1093/acref/9780199546091.001.0001/acref-9780199546091-e-652 (inactivo 2017-09-23). Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  4. The Oxford Encyclopedia of Economic History. Oxford University Press. 2003. p. 156. ISBN 978-0-19-510507-0. 
  5. Garsoïan, Nina G. (1997). Richard.G. Hovannisian, ed. Armenian People from Ancient to Modern Times: The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century (Palgrave Macmillan ed.). pp. Volume 1, p.81. ISBN 0-312-10169-4. "A conversión de Armenia ao cristianismo foi probablemente o paso máis crucial da súa historia. Armenia desligouse bruscamente do seu pasado iránico que durante séculos, cun carácter intrínseco, identificou claramente a poboación autóctona como a da súa contorna, case ao mesmo tempo se identificou Armenia como o primeiro estado que adoptou o cristianismo" 
  6. Grousset, René (1995). Histoire de l'Arménie. Payot. p. 122. ISBN 2-228-88912-1. Os datos estimados varían dende o 284 ao 314. 
  7. (Garsoïan, Nina (1997). R.G. Hovannisian, ed. Armenian People from Ancient to Modern Times 1. Palgrave Macmillan. p. 81. )
  8. Stringer, Martin D. (2005). A Sociological History of Christian Worship. Cambridge: Cambridge University Press. p. 92. ISBN 0-521-81955-5. 
  9. Nacións máis pequenas que reclamaron unha adopción oficial do cristianismo máis antiga foron Osroene, os Silures e San Marino.
  10. Grousset, René (1947). Histoire de l'Arménie (1984 ed.). Payot. p. 122. . As datas estimadas varían do 284 até 314. Garsoïan (op.cit. p. 82), segundo as investigacións de Ananian, é máis probable a última.
  11. Juergen-Zahorka, Hans. "How Armenia Could Approach the European Union" (PDF) (en inglés). LIBERTAS - Europaeisches Institut GmbH. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de abril de 2008. Consultado o 19 de maio de 2012. 
  12. A república ten unha separación entre igrexa e estado.
  13. "Constitution of Armenia, Article 18". president.am. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search