Arte de paisaxes

Zhan Ziqian, Paseando na primavera, c. 600.

Paisaxe ou país é o nome que a historiografía da arte dá ao xénero pictórico que representa escenas da natureza, tales como montañas, vales, árbores, ríos e bosques. Case sempre se inclúe o ceo e as condicións atmosféricas, que poden ser un elemento importante da composición. Ademais da paisaxe natural, tamén se trata, como un xénero específico, a paisaxe urbana. Tradicionalmente, a arte de paisaxes plasma de forma realista algunha paisaxe real, mais pode haber outros tipos de paisaxes, como os que se inspiran nos soños (paisaxe onírica, moi empregada no surrealismo).

Acuarela de Ramón Gil Rey da cidade de Santiago de Compostela, 1837.[1]

Na historia da pintura, a paisaxe foi adquirindo paseniñamente cada vez máis relevancia, dende a súa aparición como fondo de escenas doutros xéneros (como a pintura de historia ou o retrato) até constituírse como xénero autónomo na pintura holandesa do século XVII. Tamén é un motivo esencial para a pintura xaponesa.

Dentro da xerarquía dos xéneros, a paisaxe ocupaba un lugar moi baixo, superior só ao bodegón.

  1. Ramil-Rego, P.; Gómez-Orellana, L.; et al. (2019). "Jardines y parques públicos de Galicia" (PDF). Xardinería e paisaxismo en Galicia. Lugo: Ibader. USC. ISSN 1988-8341. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search