Axuda:Usando caracteres especiais

Atallo:
A:UCE

Moitos caracteres especiais (aqueles que non están nos teclados estándares dos ordenadores) son útiles e ás veces necesarios nos artigos da Galipedia. Mesmo nos artigos que utilizan só palabras en galego poden utilizar puntuación coma unha raia (—) ou símbolos coma un signum sectionis (§) ou unha marca rexistrada (®). Artigos sobre persoas ou lugares europeos, ou que os mencionen, poden utilizar moitos caracteres latinos estendidos, e artigos sobre outras persoas e lugares poden requirir caracteres de alfabetos totalmente diferentes. Este artigo describe varios métodos para utilizar tales caracteres.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search