Bandeira da India

Bandeira da India
Bandeira da India
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción22 de xullo de 1947
Cores     Azafrán      Branco      Verde      Azul

A bandeira da India é un estandarte tricolor rectangular de cores azafrán, branco e verde indio, co Ashoka Chakra, unha roda de vinte e catro raios, de cor azul no centro. Foi aprobada na súa forma actual durante unha reunión da Asemblea Constituínte celebrada o 22 de xullo de 1947, cando se fixo a bandeira oficial do Dominio da India. A bandeira foi posteriormente mantida como a da República da India. Na India, úsase para denominar á bandeira o termo "tricolor" (en hindi: तिरंगा, Tirangā). A bandeira está baseada na bandeira Swaraj, unha bandeira do Congreso Nacional Indio deseñada por Pingali Venkayya.

A bandeira, por lei, debe ser feita de khadi, un tipo especial de pano fiado de algodón ou seda que fixo popular Mahatma Gandhi. O proceso de fabricación e as especificacións para a súa sinalización está definido polo Bureau of Indian Standards. O dereito de fabricación da bandeira posúeo a superintendencia da Khadi and Village Industries Commission. A partir de 2009, o Karnataka Khadi Gramodyoga Samyukta Sangha é o único fabricante da bandeira.

Uso da bandeira está rexido polo Código de Bandeira da India e outras leis relacionadas cos emblemas nacionais. O código orixinal prohibía o uso da bandeira por particulares, excepto en festividades nacionais, como o Día da Independencia e o Día da República. En 2002, ao escoitar o chamamento dun cidadán particular, a Corte Suprema da India dirixiuse ao Goberno da India para cambiar o código e permitir o uso da bandeira polos cidadáns. Posteriormente, o Consello de Ministros trocou o código para permitir o uso limitado. O código foi cambiado unha vez máis, en 2005, para permitir algunha utilización adicional, incluíndo adaptacións de certos tipos de roupa. O código de bandeira tamén regula o protocolo de voar a bandeira e a súa utilización xunto con outras bandeiras nacionais e non nacionais.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search