Bicicleta

Bicicleta de estrada.
Tándem nun cadro de Casas, 1897.
Ciclista montado nun velocípede en Cracovia, Polonia.
Carreira ciclista en Leipzig, 1960.

Unha bicicleta (Gl-bicicleta.ogg pronunciación ) (do francés bicyclette, e este do latín bis, "dúas veces", e do grego κύκλος, kúklos, "círculo") é un vehículo sen motor de dúas rodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre os pedais, que é transmitida ás rodas.

O nome do vehículo moderno data de 1869. Varios antecedentes desta máquina foron coñecidos como velocípedes, nome que data do século XVIII.

En moitos países a bicicleta é un dos principais medios de locomoción e de transporte de mercadorías para distancias curtas e medias. É un medio de transporte san, ecolóxico, sostible e moi económico, tanto para trasladarse por cidade coma por zonas rurais. O seu uso está especialmente difundido nos países da Europa central e nórdica e nos países pouco desenvolvidos.[1] Tamén existen diversas modalidades deportivas que se practican con este vehículo.

Introducida no século XIX en Europa, tivo un impacto considerable na historia, tanto na cultura como na industria. No ano 1996 fabricáronse 101 millóns de bicicletas e só entre 1990 e 1996 máis de 700 millóns. No mundo hai máis de 1.000 millóns de bicicletas, máis do dobre que automóbiles, e a súa fabricación triplicou a destes todos os anos dende 1987.[2]

  1. Club ciclista de Ferrol. www.clubciclistaferrol.es, ed. "Países con maior uso das bicicletas". Arquivado dende o orixinal (Htm) o 22/03/2010. Consultado o 05/10/2010. 
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome puig

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search