Black Isle Studios

Black Isle Studios
Fundación1996
Disolución8 de decembro de 2003
MatrizInterplay Entertainment
LocalizaciónCondado de Orange, California,  Estados Unidos
FundadorFeargus Urquhart
IndustriaVideoxogos
ProdutosFallout
Na rede
http://www.blackisle.com/
editar datos en Wikidata ]

Black Isle Studios era unha división da desenvolvedora e distribuidora de xogos Interplay Entertainment, creado especialmente para o desenvolvemento de xogos de rol para ordenador. A sede estaba situada no Condado de Orange de California.[1]

Esta división foi fundada en 1996, adoptando o nome de Black Isle Studios durante 1998.[2] O nome tómao dunha rexión de Escocia chamada Black Isle, de onde era o seu fundador Feargus Urquhart.[3]

Interplay reviviu o nome de Black Isle en agosto de 2012 coa intención de producir novos xogos de rol. Black Isle deixou de existir unha vez máis, sen producir ningún xogo novo, cando Interplay rematou de vender todos os seus assets de videoxogos e a propiedade intelectual en 2016.[4]

  1. "Black Isle Studios". IGN. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2011. Consultado o 25 de xullo de 2006. 
  2. Cheong, Ian. "Game Info". Lionheart Chronicles. GameSpy. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2006. Consultado o 25 de xullo de 2006. 
  3. Keefer, John (xaneiro de 2001). "Black Isle Studios: We are not BioWare". GameSpy. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2004. Consultado o 25 de xullo de 2006. 
  4. "Interplay Announces Sale of Significant IP Portfolio, Wedbush Securities as Strategic Advisor". 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search