Blitz

Blitz
Parte de Segunda guerra mundial
Data 7 de setembro de 1940 - 10 de maio de 1941
Lugar n/d
Resultado Perda significativa de vidas e propiedades. Fracaso estratéxico alemán. Desperdicio de poder aéreo nazi con pouco impacto no esforzo de guerra británico.
Líderes
Winston Churchill
Hugh Dowding
Frederick Pile
Adolf Hitler
Hermann Göring
Baixas
43 000 civís mortos
139 000 civís feridos
1 023 cazas
376 bombardeiros
148 aeronaves de patrulla
1 042 tripulantes e aviadores mortos
2 265 avións
3 363 tripulantes e aviadores mortos

A Blitz ('relampo', en alemán) foi a campaña de bombardeos estratéxicos realizada na segunda guerra mundial pola Luftwaffe - a aviación alemá - contra o Reino Unido, entre o 7 de setembro de 1940 e o 10 de maio de 1941. O nome provén da contracción popular inglesa da palabra alemá Blitzkrieg ('guerra relampo').

Aínda que atinxise varias cidades en Inglaterra, comezou co bombardeo de Londres, que se seguiu por 57 noites consecutivas.[1] Ao final de 1941, máis de 43 000 civís, a metade deles en Londres, foron vitimados polas bombas, e máis dun millón de casas destruídas ou damnificadas só na rexión londiniense.[2][3]

Londres non foi a única cidade bombardeada pola Luftwaffe durante a Blitz. Outros centros militares e industriais importantes, como Belfast, Birmingham, Bristol, Cardiff, Coventry, Glasgow, Sheffield, Swansea, Liverpool, Hull, Manchester, Portsmouth, Plymouth e Southampton sufriron intensos ataques aéreos que provocaron un alto número de vítimas.

Os alemáns fracasaron completamente en atinxir o obxectivo da Blitz, que sería minar a moral do pobo británico e facilitar unha potencial invasión da Gran Bretaña. En maio de 1941, a ameaza da inminente invasión pasara, e Hitler redireccionou a súa atención para o leste da Europa. Aínda que os alemáns nunca máis conseguisen bombardear a Gran Bretaña en larga escala novamente, continuaron con ataques menores durante a guerra, elevando o número de vítimas civís para 51 509.

En 1944, o desenvolvemento das bombas voadoras V-1 e V-2 permitiron que a Alemaña, unha vez máis, atacase Londres: desta vez, con armas lanzadas a partir do continente europeo. No total, as armas V mataron 8 938 civís en Londres e no sueste.[4]

  1. Ou 76 noites consecutivas, dependendo da fonte ou se considerando o día 2 de novembro (con clima nebuloso demais para bombardeos) [1] Arquivado 15 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. [2] Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
  2. "Air Raid Precautions - Deaths and injuries". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2007. Consultado o 09 de outubro de 2017. 
  3. "Museum of London: Remembering the Blitz". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2007. Consultado o 09 de outubro de 2017. 
  4. "Imperial War Museum: The V Weapons Campaign Against Britain, 1944-1945" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2011. Consultado o 09 de outubro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search