Carniola

Armas do Ducado de Carniola até 1918.
Rexións históricas de Eslovenia.
1: Primorska/Küstenland (Litoral esloveno). (A parte inferior, forma parte de Istria),
2: Kranjska/Krain (Carniola),
2a: Gorenjska/Oberkrain (Alta Carniola),
2b: Notranjska/Innerkrain (Carniola Interior),
2c: Dolenjska/Unterkrain (Baixa Carniola e Carniola Branca),
3: Koroška/Kärnten (Carintia),
4: (Spodnja) Štajerska/Untersteiermark (Baixa Estiria),
5: Prekmurje/Übermurgebiet (Prekmurje)
Nota: Prekmurje non era unha Terra da coroa austríaca, senón parte do Reino de Hungría.

Carniola (en esloveno Kranjska, en alemán Krain) é unha rexión histórica de Eslovenia, ao redor da súa capital, Liubliana ( esloveno Ljubljana, en alemán Laibach).

Despois da caída do Imperio romano, os lombardos asentáronse en Carniola e, no século VI foi invadida por tribos eslavas. Como parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, foi gobernada sucesivamente pola nobreza bávara, franca e eslovena, e polos Habsburgo case continuamente desde 1335 até 1918, aínda que acosada por expedicións otomás e axitada por rebelións locais contra o goberno dos Habsburgo desde o século XV até o XVII.

Despois da primeira guerra mundial pasou na súa maior parte a Iugoslavia, agás a súa zona máis occidental, que se incorporou a Italia (provincia de Gorizia/Gorica).

Tras a segunda guerra mundial, a parte italiana integrouse en Iugoslavia (excepto a cidade de Gorizia).

A capital de Carniola era orixinariamente Kranj; despois, e por un breve período de tempo, Kamnik e, por último, Ljubljana, capital de Eslovenia.

Desde o ano 900 até o século XX, as clases dominantes e os habitantes das zonas urbanas falaban alemán, mentres que o campesiñado falaba sobre todo esloveno.

Na Eslovenia actual, Carniola se divídese tres rexións históricas: Alta Carniola, Baixa Carniola e Carniola Interior (que inclúe a Carniola Branca).

Ao redor do 50 % da poboación actual de Eslovenia vive dentro das fronteiras do antigo Ducado de Carniola.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search