Chile

Modelo:Xeografía políticaChile
República de Chile (es)
Chile (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHimno Nacional de Chile Editar o valor em Wikidata

Lema«Por la razón o la fuerza»
«By Right or Might»
«Durch Überzeugung oder mit Gewalt» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 33°S 71°O / -33, -71Coordenadas: 33°S 71°O / -33, -71
CapitalSantiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación19.458.000 (2021) Editar o valor em Wikidata (25,73 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie756.102 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoOjos del Salado (6.893 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación18 de setembro de 1810 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública democrática Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGabinete de Chile Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataGabriel Boric (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCongreso Nacional de Chile , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal316.713.577.509 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaPeso chileno Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cl Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+56 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia131, 132, 133, 130 e 134 Editar o valor em Wikidata
Código de paísCL Editar o valor em Wikidata

Páxina webthisischile.cl… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX451164
Atacama.

Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres,[1] ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.[2]

Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km.[3] O seu ancho máximo alcanza os 445 km no paralelo 52º21'S e o seu ancho mínimo, os 90 km en 31º37'S.[4] A segunda, denominada Chile insular, corresponde aos territorios insulares no océano Pacífico Sur: por unha banda, o arquipélago Juan Fernández e as illas Desventuradas, pertencentes a América do Sur; doutra banda, a illa Sala y Gómez e a illa de Pascua, situadas na Polinesia. Chile continental e Chile insular totalizan unha superficie de 756.096,3 km². A terceira, chamada Territorio Chileno Antártico,[5] comprendida entre os meridianos 90º e 53º oeste, é unha zona da Antártida de 1 250 257,6 km² sobre a cal Chile reclama soberanía, prolongando o seu límite meridional ata o Polo Sur. Esta reclamación está conxelada de acordo co estipulado polo Tratado Antártico,[6] do que Chile é signatario, sen que a súa firma constitúa unha renuncia. Localízase tamén en Chile a punta sur de América do Sur: o Cabo Horn, que é tamén o punto máis próximo da Antártida. Tamén en Chile está o lugar considerado como o máis seco do planeta: o Deserto de Atacama.

Debido á súa presenza en América, Oceanía e a Antártida, Chile defínese a si mesmo como un país tricontinental.[7]

Ademais, Chile exerce dereitos exclusivos, reclamacións de diverso grao e soberanía sobre o seu espazo marítimo, chamado Mar chileno.[8] Este comprende o mar territorial (120.827 km²), a zona contigua (131.669 km²), a zona económica exclusiva ou «mar patrimonial», cunha superficie total de 3 681 989 km²,[9] e a correspondente plataforma continental, cunha superficie de 145.194 km²,[9] que tamén forman parte do territorio chileno[10] Chile posúe un bordo costeiro de 6.435 km de lonxitude.[11]

Os seus máis de 17 millóns de habitantes alcanzan índices de calidade de vida,[12] e porcentaxe de globalización[13] que se atopan entre os máis altos de América Latina.

  1. Central Intelligence Agency (2011). "Field Listing: Land Boundaries". The World Factbook. Arquivado dende o orixinal (HTML) o 16 de agosto de 2011. Consultado o 1 de maio de 2011.  (en inglés)
  2. O Congreso Nacional ten a súa sede en Valparaíso.
  3. Hudson, Rex A. (1994). "Geography". En =GPO for The Library of Congress. Chile: A Country Study (en inglés). Wáshington D.C. (en inglés)
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ce2006
  5. Ministerio de Relaciones Exteriores (21 de xuño de 1955). "Decreto 1747 de 1955 del Ministerio de Relaciones Exteriores". Consultado o 20 de marzo de 2011. 
  6. "Tratado Antártico" (PDF) (en inglés, francés, e ruso e castelán). 1 de decembro de 1959. Consultado o 20 de marzo de 2011. 
  7. Presidencia de la República, Ministerio Secretaría General de Gobierno, MSGG (2007). "Geografía nacional: Situación, superficie y extensión". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2007. 
  8. Ministerio de Relaciones Exteriores (4 de xuño de 1974). "Decreto 346 de 1974 del Ministerio de Relaciones Exteriores". Consultado o 5 de maio de 2011. 
  9. 9,0 9,1 Sea Around Us Project (s/f). "Exclusive Economic Zones (EEZ): Chile, Chile (Desventuradas Isl.), Chile (Easter Isl.), Chile (J. Fernandez, Felix and Ambrosio Isl.)" (en inglés). seaaroundus.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2011. EEZ area (shelf) of: Chile 2,009,299 (145.194) km², Desventuradas Isl. 449,805 km², Easter Isl. 720,395 km², J. Fernandez, Felix and Ambrosio Isl. 502,490 km² 
  10. Ministerio de Justicia (23 de octubre de 1986). "Ley 18565 de 1986 del Ministerio de Justicia". Consultado o 3 de maio de 2011. 
  11. Central Intelligence Agency, CIA (2011). "Field Listing: Coastline". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2011. Consultado o 30 de abril de 2011. 
  12. Economist Intelligence Unit, EIU (2005). economist.com, ed. The World in 2005: Quality-of-life Index (PDF) (en inglés). p. 4. Consultado o 9 de marzo de 2011. 
  13. Escuela Politécnica Federal de Zúrich, ETH (2010). "2010 KOF Index of Globalization" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de abril de 2011. Consultado o 9 de marzo de 2011. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search