Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | Bardo ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 11 de decembro ![]() |
Descrito pola fonte | Historia Brittonum ![]() |
Cian (século VI) foi un dos primeiros bardos na tradición poética galesa. Ponse en relación co Vello Norte e a hengerdd, a antiga poesía dos cynfeirdd. Era coetáneo, parece, de Aneirin e Taliesin.
Non se coñece sobre o bardo máis que o feito de que sería o primeiro bardo que cantou en Yr Hen Oledd, moi probabelmente. Tense a primeira noticia del en Nennio na súa Historia Brittonum, nunha pasaxe sobre Ida, rei de Bernicia (547-579):
Hai referencias a Cian nun poema do Llyfr Taliesin, pero non é unha figura preclara na tradición poética e a súa memoria parece que se esvaeceu co tempo. Non se conservou nada da súa obra.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search