Ciclo feniano

O ciclo feniano (en irlandés: an Fhiannaíocht),[1] tamén coñecido como ciclo ossiánicoˌ polo seu narrador, Ossian, é un corpo de prosa e verso que se centra nas fazañas do heroe mitolóxico Fionn mac Cumhaill (en irlandés antigo, medio e moderno: Find, Finn, Fionn) e os seus guerreiros os Fianna. Estas historias contan as probas superadas por Finn e os Fianna. Este é un dos catro grandes ciclos da mitoloxía irlandesa, xunto co ciclo mitolóxico, o Ciclo do Ulster e o ciclo histórico. En orde cronolóxica, o ciclo feniano é o terceiro, entre o do Ulster e o ciclo histórico. O ciclo tamén contén historias sobre outros membros dos Fianna, incluíndo Diarmuid, Caílte, o fillo de Ossian Oscar, e o inimigo de Fionn, Goll mac Morna.

  1. Ó Dónaill, Niall (1977). Foclóir Gaeilge–Béarla, ed. "Fiannaíocht". Consultado o 1 de decembro de 2015. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search