Clima

Alasca.
Vexetación atlántica. O Pindo (Carnota).
deserto do Sáhara.
Clima continental en inverno (Praga).

O clima[1] comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.

A definición polo glosario Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC) é:

Clima, nun sentido estrito é xeralmente definido como tempo meteorolóxico medio, ou máis precisamente, como a descrición estatística de cantidades relevantes e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. O período clásico é de 30 anos, definido pola Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM). Esas cantidades son xeralmente variacións de superficie como temperatura, precipitación e vento. O clima nun sentido máis amplo é o estado, incluíndo as descricións estatísticas, do sistema meteorolóxico. Glossary Intergovernmental Panel on Climate Change Arquivado 26 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.

Os límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clima.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search