Colonialismo

Territorios colonizados por potencias europeas, os Estados Unidos e o Xapón dende 1492
Imperios coloniais en 1800.

O colonialismo[1] é unha práctica segundo a cal un país controla persoas ou territorios, a miúdo estabelecendo colonias,[2] en xeral para o seu propio avance econónimo e estratéxico.[3] Non hai unha concepción única do colonialismo e as súas definicións poden variar segundo o uso e o contexto.[4][5][6][7] O colonialismo foi usado por primeira vez para describir unha colonia romana, unha especie de granxa, e máis tarde pasou a describir un posto avanzado ou unha clase de cidade romana. O concepto (do latín colonus, -i, "labrador") creouse engadindo o sufixo "-ism", e foi asociado a unha variedade de filosofías e comprensións estruturais das colonias.[7]

No proceso de colonización, os colonizadores poden impoñer a súa relixión, lingua, economía e outras prácticas culturais aos pobos indíxenas. As administracións estranxeiras dirixen o territorio na procura dos seus intereses, buscando beneficios dos pobos e os recursos da rexión.[8] A influencia e dominación dun pode producirse dun xeito violento, a través dunha invasión militar, ou sutil, sen que interveña a forza.

Algúns estudosos e sectores sociais e políticos, utilizan o termo neocolonialismo para facer referencia a unha dominación do tipo económico, e mesmo político, sobre un Estado xuridicamente independente. En senso similar utilízanse os termos imperialismo e neoimperialismo.

A importancia da era colonial e a súa historiografía tivo un grande desenvolvemento dentro das disciplinas históricas, e viuse fortalecida nos últimos anos a raíz da necesidade de comprender mellor os procesos globais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colonialismo.
  2. Tignor, Roger (2005). Preface to Colonialism: a theoretical overview. Markus Weiner Publishers. p. x. ISBN 978-1-55876-340-1. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  3. Rodney, Walter (2018). How Europe underdeveloped Africa. ISBN 978-1-78873-119-5. OCLC 1048081465. 
  4. Margaret Kohn (29 de agosto de 2017). "Colonialism". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Stanford University. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  5. "Colonialism". Collins English Dictionary. HarperCollins. 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2012. 
  6. Webster's Encyclopedic Unabridged Dictionary of the English Language, 1989, p. 291.
  7. 7,0 7,1 Horvath, Ronald J. (1972). "A Definition of Colonialism". Current Anthropology 13: 45–57. doi:10.1086/201248. 
  8. Veracini, Lorenzo (2010). Settler Colonialism: A Theoretical Overview. New York: Palgrave Macmillan. pp. 5. ISBN 978-0-230-22097-3. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search