Cooperativa

Cooperativas de Traballo Asociado: a idea e a práctica de mancomunar intereses colectivos en cooperativas
Logotipo internacional das cooperativas
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísInternacional, con orixe en Centroeuropa e Inglaterra.
LocalizaciónDiversas localidades en todo o mundo
TipoPatrimonio Inmaterial da Humanidade
CriteriosCriterion II (Intercambio de influencias)
Inscrición2016 (11.COM)
Rexión da UNESCOMundial
Identificador01200

Unha cooperativa é unha asociación voluntaria de traballo cooperativo, por medio da cal un grupo de persoas pode obter, producir, comprar ou vender produtos e bens de consumo en condicións máis vantaxosas que pola comercialización común, liberándose da carga que supoñen os beneficios dos capitalistas e intermediarios, repartindo as ganancias que poida haber entre os seus socios.[1] Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada.[2]

  1. "cooperativa". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-11. 
  2. "Sociedades cooperativas - Consellería de Emprego, Comercio e Emigración". conselleriaemprego.xunta.gal. Consultado o 2024-08-11. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search