Correntes do islam

As distintas correntes do islam comezaron a tomar forma inmediatamente despois da morte do profeta Mahoma, no ano 632. Trala súa desaparición, a nova relixión enfrontouse a situacións que non foran abordados directamente no Corán e o problema do liderado do Umma (a comunidade de crentes). As diverxencias causadas por estes feitos deron lugar á aparición de diferentes escolas de pensamento, que se transformaron nas diversas tradicións interpretativas que aínda existen na actualidade.

Hoxe en día, as principais ramas do islam están formadas por sunnitas (aproximadamente o 90 % da poboación musulmá do mundo), xiítas (aproximadamente un 10 %) e ibaditas (aproximadamente un 1 % e a única rama existente dos antigos kharijitas).

Ademais, existen os sufís, que representan o islam místico, así como varios movementos e escolas de pensamento máis ou menos ligadas ás tres ramas principais.

Distribución xeográfica das diferentes escolas de xurisprudencia

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search