Criosfera é un termo xenérico co que designa as porcións da superficie da Terra nas que a auga está en estado sólido. Isto comprende o xeo mariño, o xeo sobre lagos e ríos, a neve, os glaciares, os casquetes de xeo, os inlandsis e o solo conxelado (que inclúe o permafrost). Deste xeito, o seu significado solápase un pouco co de hidrosfera, que inclúe tamén o resto da auga. A criosfera é unha parte integral do sistema climático global. Tamén exerce unha importante retroalimentación sobre o sistema climático. Estas retroalimentacións proceden da influencia da criosfera sobre a enerxía da superficie e fluxos de humidade, nubes, o ciclo da auga e a circulación atmosférica e oceánica.
Por medio destes procesos de retroalimentación, a criosfera exerce un papel significativo no clima global e a resposta dos modelos climáticos aos cambios globais. Aproximadamente o 10 % da superficie da Terra está cuberta polo xeo, mais este está actualmente decrecendo rapidamente.[2] A redución actual da criosfera (causada polo cambio climático) é medible na fusión dos mantos de xeo, o retroceso dos glaciares, o declive dos xeos mariños, a fusión do permafrost e a diminución da cuberta de neve.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search