O cristianismo[1] (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión abrahámica monoteísta, que profesa que Xesús foi resucitado de entre os mortos e é o Fillo de Deus,[2][3][4][note 1] cuxa chegada como o mesías (Cristo) foi profetizada na Biblia hebrea (chamada Antigo Testamento no cristianismo) e narrada no Novo Testamento. É a relixión maioritaria no mundo e máis estendida, con máis de 2380 millóns de seguidores, o que representa ao redor do 31,2 % da poboación mundial.[5] Estímase que os seus seguidores, coñecidos como cristiáns, constitúen a maioría da poboación en 157 países e territorios.
O cristianismo segue sendo culturamente diverso nas súas ramas occidental e oriental, e doutrinalmente diverso en canto á xustificación e a natureza da salvación, a eclesioloxía, a ordenación, e a cristoloxía. Os credos de varias denominacións cristiás teñen en común a Xesús como o Fillo de Deus.[note 1]—o Logos encarnado—que serviu, sufriu, e morreu nunha cruz, pero resucitou de entre os mortos para a salvación da humanidade; e coñecido como o evanxeo, que significa as «boas novas». Os catro evanxeos canónicos de Mateu, Marcos, Lucas e Xoán describen a vida e os ensinos de Xesús tal e como se conservan na tradición cristiá primitiva, co Antigo Testamento como respectado transfondo dos evanxeos.
A doutrina teolóxica básica aparece nos primeiros textos cristiáns, cuxo contido é aceptado pola maioría das confesións cristiás. Estas profesións de fe din que Xesús sufriu, morreu e resucitou de entre os mortos para garantir a vida eterna a aqueles que cren nel e que confían nel para o perdón dos seus pecados. A maioría sosteñen tamén que Xesús subiu ao Ceo e que alí goberna xunto con Deus Pai. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos cristiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Deus Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santa Trindade.
..... hai un núcleo de ideas que todos os eruditos e crentes do Novo Testamento estarían de acordo en que son fundamentais para as antigas crenzas cristiás. Un erudito británico, James G. Dunn, por exemplo, di que todos estarían de acordo en que «Xesús resucitado é o Señor ascendido». É dicir, non habería tradición de fe nin escrituras se os primeiros crentes non pensasen que Xesús resucitara «», que resucitara de entre os mortos e que ascendera «», dalgunha maneira por encima do plano ordinario da experiencia mortal e temporal.
A morte de Xesucristo na cruz, xunto coa súa resurrección de entre os mortos, é o núcleo do cristianismo.
A relixión baseada na persoa e os ensinos de Xesús de Nazaret, ou as súas crenzas e prácticas.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Pew Research Center-1
Erro na cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "note", pero non se atopou a etiqueta <references group="note"/>
correspondente
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search