Crocodylus porosus

Crocodylus porosus
Rango fósil: 4,5 Ma-0 Ma
Plioceno temperán – Actual

Crocodilo de auga salgada
Estado de conservación

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Xénero: Crocodylus
Especie: C. porosus
Nome binomial
Crocodylus porosus
Schneider, 1801
Área de distribución de C. porosus en negro
Área de distribución de C. porosus en negro

Área de distribución de C. porosus en negro

Crocodylus porosus, xeralmente chamado na literatura internacional crocodilo de auga salgada, crocodilo mariño, crocodilo de estuario ou crocodilo indopacífico,[2] é unha especie de crocodilo que vive desde a India a Australia, que é o réptil existente máis grande, e tamén o depredador de río máis grande do mundo. Os machos desta especie poden alcanzar tamaños de polo menos 6,30 m e posiblemente chegan aos 7,0 m de lonxitude.[3] Porén, o normal é que un macho adulto raramente chegue aos 6 m e pese de 1 000 a 1 200 kg.[4] As femias son moito menores e normalmente non superan os 3 m.[4]

Como indica o seu nome común máis frecuente, este crocodilo pode vivir en ambientes mariños, e é a especie de crocodiliano que máis se aventura no mar, pero normalmente reside en ambientes salinos e salobres como mangleirais, estuarios, deltas, lagoas costeiras e cursos inferiores dos ríos. Ten a área de distribución máis ampla de todos os crocodilos modernos, que vai desde as costas da India e Sri Lanka pasando polo sueste asiático, Filipinas, Indonesia e Nova Guinea chegando a todo o norte de Australia e algunhas illas máis ao leste.

É un carnívoro oportunista e formidable superdepredador. Caza a maioría das presas emboscándoas e despois afogándoas e tragándoas enteiras. Pode superar e comer a case todos os animais que entren no seu territorio, incluíndo outros superdepredadores como os tiburóns, certas variedades de peixes de auga doce e salgada incluíndo especies peláxicas, invertebrados como crustáceos, varios réptiles, aves e mamíferos, e incluso ataca aos humanos.[5][6] Debido ao seu tamaño, agresividade e distribución, considérase o máis perigoso dos crocodilos existentes para os humanos.[7][8]

  1. "Crocodylus porosus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 1996. Consultado o 20 de agosto de 2011. 
  2. Allen, G. R. (1974). "The marine crocodile, Crocodylus porosus, from Ponape, Eastern Caroline Islands, with notes on food habits of crocodiles from the Palau Archipelago". Copeia 1974 (2): 553–553. JSTOR 1442558. doi:10.2307/1442558. 
  3. Britton, Adam R. C.; Whitaker, Romulus; Whitaker, Nikhil (2012). "Here be a Dragon: Exceptional Size in Saltwater Crocodile (Crocodylus porosus) from the Philippines". Herpetological Review 43 (4): 541–546. 
  4. 4,0 4,1 "Crocodylus porosus". Animal Diversity Web. Consultado o 2015-06-03. 
  5. Callaway, J. M., & Nicholls, E. L. (Eds.). (1997). Ancient marine reptiles. Academic Press.
  6. Blaber, S. J. (2008). Tropical estuarine fishes: ecology, exploration and conservation. John Wiley & Sons.
  7. "Saltwater Crocodile facts". Aquaticcommunity.com. Consultado o 22 de xuño de 2013. In Australia, one or two fatal attacks are reported on average per year. 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Ross

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search