Cuba

Modelo:Xeografía políticaCuba
República de Cuba (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoLa Bayamesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«¡Patria o Muerte, Venceremos!»
«Homeland or Death, we shall overcome!»
«Родина или смърт, ние ще победим!»
«Fe Orchfygwn Angau neu Famwlad» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°00′N 79°30′O / 22, -79.5Coordenadas: 22°00′N 79°30′O / 22, -79.5
CapitalA Habana Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.181.595 (2020) Editar o valor em Wikidata (101,76 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie109.884 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Caribe e Golfo de México Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico Turquino (1.974 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación10 de decembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoditadura comunista Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataMiguel Díaz-Canel (2018–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataManuel Marrero Cruz (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional do Poder Popular , (Escano: 612) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Moedapeso cubano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cu Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+53 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia106 (pt) Traducir, 104 (pt) Traducir e 105 Editar o valor em Wikidata
Código de paísCU Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcuba.cu Editar o valor em Wikidata
Galiciana: 4372 BNE: XX450790

Cuba (oficialmente República de Cuba) é un país situado no arquipélago e illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba.[1][2][3] Limita cos EUA polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898. Posteriormente foi administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de sustentar un sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura militar de Fulgencio Batista en 1952.[4][5][6] O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista liderado por Fidel Castro. Dende 1965 o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico en que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes. Estas inclúen os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español e a introdución de escravos procedentes de África, máis tarde a chegada de emigrantes procedentes de Asia (sur da China, o Xapón e Filipinas). A estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos tamén exercen unha importante influencia sobre o país.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.783 no 2019.[7] Segundo os datos das Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per cápita (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.[8][9]

  1. "Cuba profile: Facts". BBC News. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  2. Thomas 1998, p. ?.
  3. Thomas 1997, p. ?.
  4. "Remarks of Senator John F. Kennedy at Democratic Dinner, Cincinnati, Ohio". John F. Kennedy Presidential Library & Museum – Jfklibrary.org. 6 de outubro de 1960. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  5. Horowitz 1988, p. 662
  6. Thomas 1998, p. 1173.
  7. Human Development Report 2020 The Next Frontier: Human Development and the Anthropocene (PDF). United Nations Development Programme. 15 December 2020. pp. 343–346. ISBN 978-92-1-126442-5. Consultado o 15 December 2020. 
  8. "Living Planet Report 2006" (PDF). Fondo Mundial para a Natureza, Sociedade Zoolóxica de Londres, Global Footprint Network. 24 de outubro de 2006. p. 19. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  9. "World failing on sustainable development". Science.org.au. 3 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de abril de 2014. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search