David (Michelangelo)

Coordenadas: 43°46′36.13″N 11°15′34.02″L / 43.7767028, -11.2594500

David
ArtistaMichelangelo
Data1501 - 1504
Técnicatalla
Dimensións517[1] cm × 199 cm
LocalizaciónGalería de la Academia, Florencia Italia Italia (Florencia)

O David é unha escultura de mármore branco de 5,17 metros de altura[1] (que inclúe o basamento de 107 cm) e 5572 quilogramos de masa,[2] realizada por Michelangelo Buonarroti entre 1501 e 1504 por encarga da Opera del Duomo da catedral de Santa María del Fiore de Florencia. A escultura representa ao rei David bíblico no momento previo a enfrontarse con Goliat, e foi acollida coma un símbolo da República de Florencia fronte á hexemonía dos seus derrocados dirixentes, os Medici, e a ameaza dos estados adxacentes, especialmente os Estados Pontificios.

O David é unha das obras mestras do Renacemento segundo a maioría dos historiadores,[3] e unha das esculturas máis famosas do mundo que, acotío, serve para representar tanto a Florencia como á propia Italia.[4] Desde 1873 atópase exposta na Galería da Academia de Florencia,[5] aínda que até ese ano estivo situada na Piazza della Signoria da capital toscana como símbolo da República florentina, sempre alerta e vitoriosa fronte aos inimigos; dende entón no seu lugar eríxese unha copia da obra a tamaño real realizada tamén en mármore.

O David sempre foi considerado coma un "perfecto ideal de beleza masculina no eido artístico,[6][7] así coma a Venus de Botticelli, considérase o ideal da beleza feminina. Varios artistas e críticos opinan que é o obxecto artístico máis fermoso creado pola humanidade".[6]

  1. 1,0 1,1 A altura do David de Michelangelo foi medida de xeito incorrecto e o erro foi recollido por gran cantidade de publicacións históricas. Véxanse estas dúas ligazóns para máis información: 1 e 2 (en inglés).
  2. «Los restauradores realizarán un TAC a los tobillos del 'David' de Miguel Ángel.» El País. Consultado o 8 de decembro de 2012.
  3. Franca Falletti, Ilaria Ferraris (2004). "Michelangelo's David: A Masterpiece Restored" (en inglés). Giunti. Consultado o 17 de febreiro de 2009. 
  4. VV.AA (1999), p.67
  5. "Galeria dell´Accademia: le collezioni" (en italiano). Firenze Musei. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 17 de febreiro de 2009. 
  6. 6,0 6,1 "Il David di Michelangelo - Storia e descrizione di una emozione". L'Arte con Kigeiblog (arquivado o 28 de xullo de 2012 en Internet Archive). Archived from the original on 28 de xullo de 2012. Consultado o 23-03--2018. 
  7. "David di Michelangelo. Firenze". Firenze On-line.Guida turistica gratuita di Firenze. Consultado o 23-03-2018. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search