Dedo

Dedo índice

Os dedos son as extremidades dos membros dos mamíferos mais tamén se dá este nome a algunhas articulacións dos apéndices de moitos artrópodos e doutros pequenos animais.

Nos mamíferos, o número básico de dedos en cada membro é de cinco, mais moitas especies perderon algúns deles no decurso da evolución. Así, os perisodáctilos, por exemplo, teñen un número impar de dedos (os cabalos e outros équidos teñen un único dedo e os rinocerontes teñen tres), mentres que os artiodáctilos (vaca, ovella, porco) teñen un número par.

Por outro lado, a malformación da man ou do pode dar orixe a un número de dedos diferente do normal:

  • a polidactilia é o caso en que se forman dedos supernumerarios
  • a microdactilia é o caso en que se forman menos dedos do normal
  • a sindactilia é o caso en que aparecen os dedos unidos, quer pola pel (caso en que poden ser separados por cirurxía), quer pola fusión de dous ou máis ósos.

Os dedos están formados por dous ou tres ósos, chamados falanxes. As extremidades exteriores dos dedos están protexidas por unllas, que no home é unha lámina superior e noutros animais poden ter a forma de garras ou pezuños.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search