Deltaproteobacterias

As deltaproteobacterias ou Deltaproteobacteria (tamén escrito delta-proteobacterias ou proteobacterias delta) é un grupo de bacterias gramnegativas que se considera unha clase do filo Proteobacteria.[1]

As Deltaproteobacteria comprenden unha póla de proteobacterias de xéneros predominantemente aerobios, como as Myxobacteria formadoras de corpos frutíferos, que liberan mixoesporas cando están en ambientes desfavorables, e outra póla de xéneros estritamente anaerobios, que contén a maioría das bacterias redutoras de sulfato (Desulfovibrio, Desulfobacter, Desulfococcus, Desulfonema etc.) e as redutoras de xofre (por exemplo, Desulfuromonas spp.), xunto con outras bacterias anaerobias de diferente metabolismo (como as redutoras de ferro Geobacter spp. e as sintróficas[2] Pelobacter e Syntrophus spp.).

Recentemente, identificouse unha deltaproteobacteria patóxena intracelular, Lawsonia intracellularis.[3]

  1. "www.ncbi.nlm.nih.gov". Consultado o 29 xuño 2012. 
  2. a sintrofía é o proceso por medio do cal dous ou máis microorganismos cooperan na degradación dunha substancia que non poden degradar por si sós.
  3. Schmitz-Esser S, Haferkamp I, Knab S; et al. (2008). "Lawsonia intracellularis contains a gene encoding a functional rickettsia-like ATP/ADP translocase for host exploitation". J. Bacteriol. 190 (17): 5746–52. PMC 2519521. PMID 18606736. doi:10.1128/JB.00391-08. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search