Dente

Dente
Dentes
Vista posterior dos dentes desde o interior da boca
Dorlands/Elsevier Tooth

O dente[1] é un órgano anatómico duro, encravado nos alvéolos dos ósos maxilares a través dun tipo especial de articulación denominada gonfosis e na que interveñen diferentes estruturas, a saber: cemento dentario e óso alveolar, ambos unidos polo ligamento periodontal.

Os dentes interveñen na dixestión ó cortar, moer e tritura-los alimentos sólidos (dixestión mecánica). Ademais participa, xunto con outros elementos da boca, na comunicación oral.

Os dentes poden ser iguais entre si (homodontes) ou diferentes segundo a súa función específica (heterodontes). Neste segundo caso, ordenados dende o centro ata os extremos, son os dentes incisivos que cortan, os caninos que desgarran, os premolares que trituran e os molares que moen.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dente.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search