Dereito

A representación da deusa Iustitia (literalmente Xustiza en latín) a mostra equipada con tres símbolos do Dereito: a espada simboliza o poder coercitivo do Estado; a balanza simboliza o equilibrio entre os dereitos dos litixantes; e a venda sobre os ollos representa a imparcialidade.[1]

O dereito é a orde normativa[2] e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica[3], baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.

A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.

A expresión «dereito» utilízase indistintamente para nomear á disciplina e ao seu obxecto de estudo. Así, «dereito» refírese á ciencia do dereito ou a un determinado corpo de normas (por exemplo, dereito civil, dereito penal, dereito procesal, dereito internacional etc.).

Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social. Isto é, tendo en conta a validez, é dicir, se se levou a cabo o procedemento adecuado para a súa creación, independentemente da súa eficacia (se é acatada ou non) e do seu ideal axiolóxico (se busca concretar un valor como a xustiza, a paz, a orde, o ben común, etcétera).

O dereito subxectivo é a facultade que outorgou o ordenamento xurídico a un suxeito (por exemplo, dereito á nacionalidade, dereito á saúde, dereito a demandar, dereito a manifestarse libre e pacificamente etc.).[4][5][6][7][8][9]

  1. Luban, David (2001). "Law´s Blindfold". En Davis, Michael; Stark, Andrew. Conflict of interest in the professions (en inglés). Oxford University Press. p. 23. ISBN 0-19-512863-X. 
  2. García Máynez, Eduardo. "El Derecho como orden normativo concreto" (PDF). Justitia.com (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  3. Castillo González, Rolando (1962). La seguridad jurídica y la esencia del Derecho (en español). Santiago de Chile: Universitaria. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  4. Ochoa G., Oscar G. (2006). "Personas. Derecho Civil I" (en castelán). Caracas: Publicaciones Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 980-244-225-9. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  5. Williams Benavente, Jaime (2003). Lecciones de Introducción al Derecho (en castelán) (4ª ed.). Santiago de Chile: Fundación de Ciencias Humanas. ISBN 956-7098-06-9. 
  6. Cedillo Corrochano, Carmen. "Cuando el Derecho nos confunde". Desde mi mundo (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  7. "Derecho". Enciclopedia Jurídica (en castelán) (2014 ed.). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  8. Sánchez Crespo, María José. "Capítulo 11: El derecho objetivo y el derecho subjetivo". Nociones de derecho (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  9. Ortúzar Fuenzalida, Sebastián Enrique. "Introducción al Derecho civil". Apuntes de derecho (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search