Dictyoglomi | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Dictyoglomi é un pequeno filo de bacterias no que só se inclúe un xénero, Dictyoglomus, do que hai descritas dúas especies: D. thermopilus e D. turgidum.[3] O D. thermophilus é moi termófilo, quimioorganótrofo, cunha parede de tres capas gramnegativa [4], e espertou moito interese porque produce o encima xilanase, que dixire o polisacárido xilano, formado principalmente pola pentosa xilosa. Pretratando a polpa de madeira con este encima, os produtores de papel poden branquear o papel usando moito menos cloro.
O nome procede do grego dictyon, rede, e do latín glomus, bóla [1].
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search