Director, directora de cinema

Ingmar Bergman examina a película de Amorodos salvaxes.

Un director ou directora de cine, ou cineasta, é unha persoa que dirixe a realización dunha película ou filme. A dirección de cine é o posto profesional encargado de dirixir a filmación dunha película, dando instrucións ós actores e actrices, decidindo o ángulo da cámara e o desprazamento desta nos planos, supervisando o decorado e o vestiario, e todas as demais funcións necesarias, especialmente as referentes aos asuntos artísticos da película, para levar a cabo a rodaxe. O director considérase en termos xerais como o creador da obra cinematográfica.[1]

A importancia que se lle ten dado ós directores na historia do cine é variada. Por exemplo, na época de ouro de Hollywood, o posto máis importante na creación dunha película era a produción, e a personaxe máis relevante era o actor ou a actriz, sendo considerada a dirección como a parte técnica que dirixía cada día a filmación. Primeiro en Europa e, máis tarde nos Estados Unidos, o cargo de dirección foi adquirindo maior relevancia até chegar a ser considerado a parte principal na autoría dunha película.

  1. "Director de cinema" (en francés). Consultado o 10 de maio de 2020. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search